-
Oferta de prazas xuvenís dentro do programa Campaña de verán 2020.2020-06-16 10:35:36Cultura
Hoxe abre o prazo de inscrición nos campamentos de verán da Xunta que contarán con 6.872 prazas
A proposta de actividades inclúe campamentos de verán, campos de voluntariado e, como novidade, minicampamentos de cinco días e actividades nas residencias xuvenís de Lugo e Ourense
Poderán participar mozas e mozos con necesidades especiais e ofértanse 132 prazas específicas para persoas con discapacidade de entre 11 e 40 anos
Elaborouse un protocolo específico ante a covid-19 no que se recollen medidas como a redución do aforo, o reforzo do persoal monitor e o incremento das medidas hixiénico sanitarias
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200615/AnuncioG0425-100620-0001_gl.pdf