• 2020-06-30 16:48:25
    Concello

    A piscina municipal de Touro volve abrir as súas portas para inaugurar a tempada de verán o mércores 1 de xullo. As instalacións permanecerán abertas ao público ata o 31 de agosto en horario de 15:00 a 20:30 horas, de luns a domingo.
    A piscina abre ao 75% da súa capacidade, para respetar o protocolo de seguridade e control da pandemia da Covid-19 para este tipo de instalacións e actividades. Así mesmo no céspede débense de respetar as distancias de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias.