• 2020-09-02 10:23:40
    Cultura

    A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ
    Unha montaxe teatral de Magín Blanco e Teatro Ghazafelhos

    Onde? Pistas da Praza do Luar, Fonte Díaz
    Cando? Venres, 4 de setembro de 2020 ás 18 horas
    Público? Infantil, a partir de 3 anos
    Tempo? 60 minutos

    Que pasa logo da morte? A Nena e o Grilo de Máis Aló é unha divertida historia que nos trasporta ás buscas máis insólitas, porque sen querer esmagan a súa amiga Xertrude, a araña, e buscando un xeito de devolverlle a vida atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán á través da maxia e da música ao país dos mortos.

    A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19. O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

    Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitaria para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (18h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.




    Adjuntos: