• 2020-09-07 19:03:56
    Cultura

    O lugar onde medran as poetas

    Onde? Casa da Cultura, Fonte Díaz

    Cando? Venres 11 de setembro ás 18 horas

    Público? Familiar. Nenas e nenos de primaria, familia e docentes

    Tempo? 50 minutos

    Esta Rosalía que aínda non precisaba apelidarse de Castro e que está a piques de marchar a Santiago é a protagonista desta obra de teatro que quere contarlles ás nenas e aos nenos que a infancia é o lugar onde medran as poetas: entre a rebeldía, as lecturas, a curiosidade, o xogo e as cancións con rima e sen autor.

    A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.

    O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

    Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (18h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.




    Adjuntos: