• 2020-09-18 12:37:53
    Cultura

    Narración oral e obxectos

    Onde? Pistas da Praza do Luar, Fonte Díaz

    Cando? Mércores 23 de setembro ás 17 horas

    Público? Infantil e familiar ( 4 anos)

    Tempo? 40 minutos

    Debido ás circunstancias actuais, para asistir a estas actividades é obrigatorio inscribirse no 981814566 ou cultura@concellodetouro.gal

    Colle un pouquiño de contacontos, engádelle unha pinguiña de teatro, deixao ao baño María con animación á lectura, espolvorea un chisco de pantomima...e xa tes unha sesión de Pablísimo. Un contacontos moi redondiño … ou máis ben ovalado onde os protagonistas son os ovos… e o que sae deles!

    Espectáculo de narración oral, adiviñas, xogos de palabras, obxectos e bonecos.




    Adjuntos: