-
Pakolas en concerto2020-10-01 11:21:35Cultura
Onde? Casa da Cultura, Fonte Díaz
Cando? Venres 2 de outubro ás 17 horas
Público? Infantil. Familiar
Tempo? 60 minutos
Para asistir a estas actividades é obrigatorio inscribirse no 981 81 4566 ou cultura@concellodetouro.gal
Neste concerto Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical a través da súa voz e a guitarra.
A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.
O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.
Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17 h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.
Adjuntos: