• 2020-10-16 14:20:57
    Cultura

    Contos, cancións, lendas e COCER E CANTAR!

    Marionetas e música en directo con Viravolta Títeres

    Onde? Casa da Cultura, Fonte Díaz

    Cando? Venres 23 de outubro ás 17 horas

    Público? Infantil-Familiar

    Tempo? 50 minutos

    Inscricións no 981 81 45 66 ou cultura@concellodetouro.gal

    Dous músicos metidos a cociñeiros deciden facer unha sopa de cocido solidaria para repartir entre o público pero un pequeño erro de interpretación na receita provoca que o resultado sexa unha riquísima sopa de música, cantigas e contos, na que atoparemos tropezóns como o gato do romance, unha ratiña moi presumida e todos os seus pretendentes, os habitantes dun galiñeiro moi peculiar e ata unha parella moi especial.

    A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.

    O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.

    Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17h) para acced




    Adjuntos: