-
XII FEIRA DA CASTAÑA (VIRTUAL)2020-10-20 09:17:02Cultura e Turismo
A nosa feira gastronómica de exaltación dos produtos de outono, nesta duodécima edición muda de rexistro para que poidamos participar dela todas e todos de maneira segura grazas á colobaroración online. A DIETA de festexos imposta pola nova normalidade obríganos a satisfacer as nosas preferencias de outono de maneira diferente, compartindo as nosas creacións culinarias nas redes sociais. Deixemos traballar ao cocinillas que todas e todos levanos dentro!
Avoas, avós, nais, pais e cativada, todas e todos temos as nosas preferencias culinarias e gozamos coas nosas propias receitas, non dubides en presumir delas!
Profesionais, afeccionadas, afeccionados...a feira gastronómica deste ano gozarase dixital e presencialmente, estará nas redes e por suposto en cada unha das nosas casas e locais de hostalería.
Lembrade! A Feira da Castaña deste 5 de novembro gozarase dunha maneira moi particular coas saborosas creacións culinarias de Touro nas categorías PROFESIONAIS DA HOSTALERÍA e DOCES CASEIROS. Nesta feira gastronómica todas e todos poderemos seguir degustando os produtos de outono adaptándonos a esta nova normalidade.
Do mesmo xeito, o concurso plástico Dona Castaña, vólvese dixital nesta cuarta edición para seguir gozando das creacións máis asombrosas das novas xeracións. Desexamos coñecer ás artistas e aos artistas plásticos deste 2020 e ás que serán as TOP das influencers gastronómicas para veciñanza de Touro e tamén dos influencers desta feira dixital.
E coa XVI edición das Xornadas Micolóxicas gozaremos da oportunidade de saír na procura dos preciados exemplares con Jaime Blanco.
Animémonos todas e todos a participar nesta XII FEIRA DA CASTAÑA Covid-Free. Protagoniza a nova edición da exaltación dos produtos de outono enviando as vosas fotos e/ou vídeos (1minuto) aos correos electrónicos
cultura@concellodetouro.gal
turismo@concellodetouro.gal
Moitas sorpresas agardan pola vosa participación!
Adjuntos: