• 2020-11-04 10:41:08
    Concello

    Convocatoria axudas PEL-REACTIVA 2020
    No Boletín Oficial da Provincia nº 186 do día de hoxe, 4 de novembro de 2020, figura publicado o extracto da convocatoria de axudas con cargo ó Fondo de financiamento para a reactivación económica e social da Provincia da Coruña (PEL REACTIVA 2020).

    As bases reguladoras da convocatoria publícanse na BASE DE DATOS NACIONAL DE SUBVENCIÓNS e como Anexo ó presente anuncio.

    O prazo de presentación de solicitudes remata o día 25 de novembro de 2020, ás 14 horas.

    As solicitudes deben presentarse de forma telemática, a través da sede electrónica do Concello de Touro (https://sede.touro.gal), para o que é necesario dispoñer de certificado electrónico, DNI electrónico ou darse de alta no sistema CLAVE (máis información en clave.gob.es), conforme ós modelos de solicitude e declaración responsable que figuran na sede, acompañando a documentación establecida na Base 4.3 da convocatoria.




    Adjuntos: