-
TOURO A ESCENA: SAAABOR!2020-11-19 09:16:33Concello
Onde? Casa da Cultura, Fonte Díaz
Cando? Venres 27 de novembro ás 17 horas
Público? Infantil-Familiar
Tempo? 75 minutos
Inscricións no 981 81 45 66 ou cultura@concellodetouro.gal
Premio público Festiclown 2018
Félix Rodríguez e Fran Rei convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos sen esquecer o viño e a sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.
Un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e a participación do público co mundo da gastronomía de fondo Saaabor!
A celebración do espectáculo adáptase ás esixencias marcadas pola pandemia do COVID-19.
O uso de máscaras e a hixiene de mans é de obrigado cumprimento para o acceso ao recinto.
Debido ás ditas medidas de seguridade, protección e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para a prevención do COVID-19 prégase acudir con anticipación á hora sinalada (17h) para acceder de maneira ordenada e cumprindo cos protocolos de seguridade.
Adjuntos: