-
Aviso importante: Xenerais da Ulla2021-01-20 19:35:50Cultura
As entidades organizadoras dos Entroidos dos Xenerais da Ulla suspenden a programación do Entroido 2021.
Dende os 8 concellos para a promoción conxunta do Entroido Rural Tradicional dos Xenerais da Ulla informamos que con motivo da actual situación sanitaria provocada pola COVID-19, as entidades organizadoras dos entroidos dos Xenerais da Ulla suspenden a programación presencial das súas celebracións nos diversos lugares e parroquias. Adoptan esta medida ante a imposibilidade de desenvolver estes entroidos no seu formato habitual. Ao tempo é un acto de responsabilidade priorizando a saúde e seguridade de todas as persoas.
Así mesmo, informamos que se desenvolverán diversas actividades virtuais e en pequeno formato coa finalidade de manter vivo o espírito do entroido da Ulla. Para saber máis poden visitar a web www.xeneraisdaulla.gal e as súas redes sociais.
- A Estrada: Santa Cristina de Vea, Entroido Municipal, Arnois, Santeles.
- Boqueixón: Sergude, Lestedo.
- Santiago de Compostela: Castiñeiriño, Marrozos, Angrois, O Eixo, Aríns.
- Silleda: Lamela, Bandeira.
- Teo: Rarís, Reis, Santa María de Teo, Cacheiras, Oza, Recesende.
- Touro: Bama, Fao, Feira do 5.
- Vedra: Vilanova, Trobe, San Xián de Sales.
- Vila de Cruces: Merza, Piloño, Salgueiros.