-
Chave 365 para a mocidade galega2021-01-21 08:51:47Concello
A mocidade galega xa pode solicitar de xeito presencial a Chave 365.
Con esta chave podes xestionar solicitudes, axudas ou expedientes sen necesidade do certificado dixital ou o DNI electrónico.
A identificación faise co DNI e cun código que recibes no teu teléfono móbil.
Onde podes solicitar a Chave 365?. A solicitude da chave podes facela presencialmente nos Espazos Xove que están situados nas seguintes localidades: Betanzos, Carballo, Curtis, Noia, Pontedeume, Lalín, Tui, Vilagarcía, Ourense, Chantada, Vilalba e Viveiro.
Tamén se pode obter no Centro coordinador de información xuvenil, en Santiago de Compostela ou no Servizo de Xuventude e Voluntariado de Vigo.