• 2021-02-01 12:09:48
    Concello

    A Xunta manterá este ano a súa política de incentivos para facilitar ás empresas o acceso a solo industrial nos parques que xestiona. A empresa pública Xestur e o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) sacarán a venda este mes de febreiro a totalidade dos terreos que teñen dispoñibles nos seus polígonos industriais, concretamente en Touro 4 parcelas.




    As empresas interesadas en asentarse en Touro ou ben en ampliar as súas actuais instalacións poderán acceder a este solo cunha bonificación sobre o prezo de venda do 30%.




    Adjuntos: