-
A partir de mañá poderán solicitarse de novo os permisos para realizar queimas de restos agrícolas e forestais amoreados2021-03-24 18:25:48Concello
A Consellería do Medio Rural permitirá de novo desde mañá xoves, día 25 de marzo, tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, xa que as actuais condicións meteorolóxicas así o permiten. Isto significa que o sábado 27 será o primeiro día no que se poderán realizar queimas previamente comunicadas.
Polo tanto, a partir de mañá ás 00.00 h. poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través da web da Consellería do Medio Rural. Ademais, en días laborables, tamén estará a disposición dos cidadáns o teléfono 012 para comunicar as queimas.
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/56506/partir-mana-poderan-solicitarse-novo-permisos-par...