-
INICIATIVA XOVE 20212021-05-18 09:47:09Concello
INICIATIVA XOVE 2021
Axudas económicas para proxectos da mocidade no ano 2021
Finalidade:
- Fomentar e consolidar a participación libre e eficaz da mocidade no desenvolvemento político, social, económico e cultural.
- Promover a adecuada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar dos mozos e mozas da nosa comunidade autónoma, a través de proxectos integrais e específicos de actuación.
Áreas de atención:
a) Iniciativa Xove Emprendedora: proxectos para poñer en marcha as ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade.
b) Promoción de hábitos saudables e prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como sensibilización e loita contra calquera forma de discriminación, en especial contra a violencia de xénero.
c) Posta en valor e promoción do Camiño de Santiago e do fenómeno xacobeo.
d) Fomento de actitudes creativas e innovadoras da mocidade na súa comunidade e na súa contorna.
e) Fomento da inclusión social e laboral e da accesibilidade dos mozos e mozas pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables.
f) Promoción de sectores emerxentes vinculados ao sector TIC.
g) Fomento da participación e do empoderamento das mulleres novas galegas.
h) Promoción de actitudes e hábitos sustentables e de concienciación sobre o cambio climático, así como de posta en valor do patrimonio cultural e natural.
i) Desenvolvemento e dinamización do medio rural.
j) Dinamización da lingua galega entre a mocidade.
Os destinatarios/as serán os grupos informais de moz@s e asociacións xuvenís.
Os proxectos se levarán a cabo en Galicia cun orzamento máximo de 5.000 €
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de xuño de 2021.
Máis información no DOG do 14 de maio https://www.xunta.gal/.../AnuncioG0425-030521-0001_gl.pdf
e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove