-
TARXETA XENTE NOVA2021-05-18 10:16:38Concello
A Xunta de Galicia estende a toda Galicia a gratuidade do transporte público aos menores de 21 anos desde o vindeiro 21 de maio, coa utilización da tarxeta Xente Nova. A partir desa data, todos os menores de 21 anos poderán viaxar de balde no autobús da Xunta, no barco da ría de Vigo e no ferrocarril de vía estreita na área de Ferrol.
Estes novos servizos súmanse aos que xa se viñan prestando con esta tarxeta que posibilita aos menores de 21 anos viaxar gratis (ate un máximo de 60 viaxes ao mes) no transporte público interurbano das áreas da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Ferrol, Santiago de Compostela e Vigo, e en toda a provincia de Ourense.
A tarxeta Xente Nova pode adquirirse en calquera das 213 oficinas de Abanca habilitadas nas catro provincias. Para empezar a empregala cómpre cargala cun saldo inicial co que se aboarán as viaxes e posteriormente será reintegrado no dispositivo.
Na páxina web www.bus.gal pode ampliarse a información.