-
Convenio de colaboración2021-05-21 11:06:03Concello
O Concello de Touro vén de asinar un convenio de colaboración coa Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, e coa Consellería de Emprego e Igualdade para a concesión das axudas ao sector da hostalaría cuxos negocios quedaron afectados polos peches regulados na normativa ditada polas autoridades sanitarias por causa da Covid-19.
O Concello de Touro fai unha achega de 17.000€ para repartir entre os establecementos afectados.