• 2021-11-29 13:01:00
    Cultura

    As máxicas datas do Nadal necesitan dunha programación especial orientada particularmente cara aos máis pequenos da casa e nese sentido o concello de Touro organiza toda unha serie de actividades tratando de satisfacer ao seu público máis esixente.



    Comezamos a programación cunha gran Festa de Nadal onde poderemos mover o esqueleto e degustar palomitas no concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona. O broche final virá da man de Papá Noel que estará esperando polas vosas cartas, e de Olaf que quererá quitar unha foto con vos.



    Na semana de noiteboa teremos dous obradoiros para a cativada, un de cociña e outro de adornos para que os nenos e nenas sigan a imbuírse do espírito de Nadal.



    Non hai dúbida, o protagonismo destas festas son os nenos e nenas do concello de Touro.



    Adjuntos: