-
CAMPAÑA DE NEVE 20222021-11-30 09:18:57Cultura
A Deputación da Coruña programa a Campaña da Neve 2022 na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 12 e 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2021).
Ao Concello de Touro concedéronlle 4 prazas na 3ª quenda entre o 28 e o 31 de xaneiro de 2022. No caso de que se rexistren máis solicitudes, procederase a un sorteo diante do secretario municipal.
O prezo da viaxe será de 85€ que inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
Prazo de inscrición dende hoxe 30 de novembro ata o 14 de decembro no concello (Departamento de Cultura) ou nos teléfonos 981 81 45 66 - 981 50 40 29
Adjuntos: