-
Novas medidas ante a pandemia da Covid192021-12-28 17:54:24Concello
O comité clínico acorda o peche dos locais de hostalería e restauración ás 00,00 h e do ocio nocturno ás 02.00 horas.
En vigor desde as 00.00 horas do 31 de decembro e ata o 18 de xaneiro
Máis medidas na hostalería e na restauración
Venres, sábados e Noitevella: 01.00 horas.
Primeiro de xaneiro: apertura a partir das 10.00 horas.
Certificado covid obrigatorio sempre
Prohíbese consumo en barra.
8 persoas no interior e 10 no exterior.
No que respecta ao ocio nocturno
Acordarase hoxe co sector o horario de Noitevella.
Ademais, a Consellería de Sanidade solicitará ao TSXG:
_Limitar entre as 02.00 horas e as 6.00 horas as xuntanzas de non conviventes en espazos públicos. De ratificarse, só poderán transitar pola rúa persoas soas e membros dunha mesma unidade familiar
Recomendacións
Reunións máximo de 2 unidades familiares e, preferiblemente, as mesmas que no Nadal.
Cabalgatas: necesidade de minimizar aglomeracións e preferiblemente estáticas.
Evitar eventos masivos que, en todo caso, serán con público sentado en interior e exterior.
Máis información na ligazón
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/64929/comite-clinico-acorda-peche-dos-locais-hostaleria...