• 2022-04-11 09:33:38
    Cultura

    Hoxe, luns 11 de abril, ás dez da mañá ábrese o prazo de inscrición do Plan de formación de xuventude e voluntariado, que este ano inclue un total de 37 cursos presenciais e 20 en liña orientados á formación básica e en ámbitos específicos da acción voluntaria.

    A ampla oferta formativa ofrece contidos en temas de actualidade e de interese para a mocidade como as habilidades para a empregabilidade e o liderado, recursos para o emprendemento no rural, educación emocional, a dixitalización, recursos para un ocio inclusivo, formación en actividades náuticas, eSports, deseño 3D, robótica, temas audiovisuais, condución segura, etc.
    No ámbito da acción voluntaria, tamén se ofrece formación específica nas seguintes áreas: ambiental, interxeracional, educación, igualdade, acción social, linguaxe LSE, emerxencias e nocións sobre a correcta solicitude e presentación das subvencións de voluntariado.

    Anótate canto antes, a selección de participantes é por orde de inscrición.

     Máis información e inscricións: https://voluntariadogalego.org/novas/xunta-de-galicia-pon-en-marcha-un-plan-de-formacion-de-xuventude-e-voluntariado-que-chegara


    Adjuntos: