• 2022-05-04 15:15:50
    Desenvolvemento Local


    AXUDAS A AUTÓNOMOS E MICROEMPRESAS CON ACTIVIDADES PARALIZADAS POLA CRISE DA COVID19

    Beneficiarios. Autónomos, comunidades de bens ou sociedades civís, microempresas e os mutualistas con domicilio fiscal en Galicia. Deben estar dados de alta con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2019 e acreditar unha baixada de facturación de, polo menos, o 65%.

    Obxecto. Concesión dunha axuda para facer fronte á situación económica motivada pola pandemia da COVID19, que contribúa ao mantemento da actividade económica e do emprego.

    Importe. Está en función da facturación que se acredite no ano 2019.

    _Facturación superior a 30.000 €: 12.000 €.

    _ Facturación superior a 20.000 € e ata 30.000 €: 8.000 €.

    _Facturación superior a 12.000 € e ata 20.000 €: 6.000 €.

    _Facturación superior a 8.000 € e ata 12.000 €: 4.000 €.

    _Facturación superior a 5.000 € e ata 8.000 €: 2.000 €.

    _Facturación igual ou superior a 4.000 € e ata 5.000 €: 1.000 €.

    _Para os autónomos de tempada, os importes reduciranse ao 50 %.  

    Prazo de presentación de solicitudes. Un mes desde o día seguinte ao da data de publicación desta orde no DOGA.

    Mais información:

    DOG Nº 85, MARTES 3 DE MAIO.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220503/AnuncioG0599-290422-0001_es.html