• 2022-05-23 14:37:52
    Desenvolvemento Local


    AXUDAS PARA MELLORAR A PRODUCIÓN E COMERCIALIZACIÓN DOS PRODUTOS DA APICULTURA. 

    ConselleríadoMedioRural



    𝓑𝓮𝓷𝓮𝓯𝓲𝓬𝓲𝓪𝓻𝓲𝓸𝓼

    Titulares de explotacións apícolas ou cooperativas apícolas, organizacións representativas, agrupacións de defensa sanitaria e asociacións de apicultores.

     𝑅𝑒𝓆𝓊𝒾𝓈𝒾𝓉𝑜𝓈



    _Ser titular con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 dunha explotación apícola inscrita no Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap),

    _Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia.

    _Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroose.

    _Disporen dun seguro de responsabilidade civil das colmeas.

    _Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002.

    _Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2021 antes do día 1 de marzo de 2022.

    _Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) con resultado favorable antes do 1 de marzo de 2022.

    𝒫𝓇𝒶𝓏𝑜 𝒹𝑒 𝓅𝓇𝑒𝓈𝑒𝓃𝓉𝒶𝒸𝒾ó𝓃 𝒹𝑒 𝓈𝑜𝓁𝒾𝒸𝒾𝓉𝓊𝒹𝑒𝓈: Un mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no #DOG.

      info: DOG Nº 97 de 20 de maio de 2022.

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220520/AnuncioG0426-100522-0005_gl.pdf