-
PRÉSTAMOS CUALIFICADOS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVIENDAS CON FINANCIAMENTO PLURIANUAL2022-05-31 14:56:33Concello
PRÉSTAMOS CUALIFICADOS PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVIENDAS CON FINANCIAMENTO PLURIANUAL. Código de procedemento:VI406B
INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO XUNTA DE GALICIA
Obxecto e réxime das axudas
Axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, que poderán consistir en:
1. Préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas concedidos polas entidades de crédito, no ámbito dos convenios asinados para estes efectos co Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS).
2. Axudas económicas directas, consistentes na subsidiación dos xuros do préstamo cualificado outorgado pola entidade financeira.
Persoas beneficiarias. Requisitos
1. Persoas físicas que promovan as actuacións de rehabilitación, propietarias ou con outro título que acredite a posesión do inmoble
2. Persoas membros de comunidades de propietarios/as partícipes nas actuacións promovidas pola correspondente comunidade en función da súa porcentaxe de participación.
Non poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas propietarias de locais, agás os casos en que se pretenda a súa conversión en vivenda.
Para acceder aos préstamos, os ingresos da unidade de convivencia da persoa solicitante non deberán superar 6,5 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (en diante, IPREM). Esta limitación non se aplicará aos supostos de préstamos solicitados directamente polas comunidades de propietarios/as.
Para poder acollerse ás axudas económicas directas, os ingresos da citada unidade de convivencia non poderán ser superiores a 5,5 veces o IPREM.
Solicitude e prazo de presentación
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https:// sede.xunta.gal). ( VI406B)
A presentación electrónica será obrigatoria para as comunidades de persoas propietarias e as súas persoas representantes
O prazo de presentación estará aberto ata o 1 de setembro de 2022 aínda que, respecto ás axudas económicas directas de subsidiación, rematará en todo caso no momento do esgotamento do crédito orzamentario, que será publicado no DOG mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.
RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2022 pola que se convocan, para a anualidade 2022, as axudas financeiras do programa de préstamos cualificados para a rehabilitación de edificios e vivendas, con financiamento plurianual (código de procedemento VI406B)
Resolución DOG Venres, 27 de maio de 2022 (xunta.gal)
𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗖𝗢𝗠𝗣𝗟𝗘𝗧𝗔 𝗡𝗢 𝗗𝗢𝗖𝗨𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗔𝗗𝗫𝗨𝗡𝗧𝗢
Adjuntos: