• 2022-06-13 15:28:05
    Desenvolvemento Local


    𝗔𝗫𝗨𝗗𝗔𝗦 𝗗𝗔 𝗔𝗫𝗘𝗡𝗖𝗜𝗔 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔 𝗗𝗘 𝗜𝗡𝗡𝗢𝗩𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 𝗗𝗜𝗥𝗜𝗫𝗜𝗗𝗔𝗦 Á𝗦 𝗠𝗜𝗖𝗥𝗢𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗦𝗔𝗦, 𝗣𝗘𝗤𝗨𝗘𝗡𝗔𝗦 𝗘 𝗠𝗘𝗗𝗜𝗔𝗡𝗔𝗦 𝗘𝗠𝗣𝗥𝗘𝗦𝗔𝗦 𝗚𝗔𝗟𝗘𝗚𝗔𝗦 (𝗣𝗘𝗠𝗘𝗦), 𝗠𝗘𝗗𝗜𝗔𝗡𝗧𝗘 𝗕𝗢𝗡𝗢𝗦 𝗗𝗘 𝗜𝗡𝗡𝗢𝗩𝗔𝗖𝗜Ó𝗡 (𝗖Ó𝗗𝗜𝗚𝗢 𝗗𝗘 𝗣𝗥𝗢𝗖𝗘𝗗𝗘𝗠𝗘𝗡𝗧𝗢 𝗜𝗡𝟴𝟰𝟴𝗙).

     

    Beneficiarios.

    Poderán ser beneficiarias destas axudas as microempresas, pequenas e medianas empresas, conforme as definicións contidas nas bases, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as que se solicita a axuda. Cada unha das liñas que compoñen esta axuda vai dirixida ás seguintes eentidades:

     

    Liña 1. Servizos de apoio á innovación Microempresas e pequenas empresas

     

    Liña 2. Xestión do financiamento da innovación Microempresas, pequenas e medianas empresas

                         

    Quedan excluídas:

    As contempladas nas bases reguladoras publicadas na orde de convocatoria DOG 9 de xuño.

     

    De xeito específico quedan excluídas:

    a)      Para a liña 1, bonos para servizos de apoio á innovación:

     

    • As microempresas e pequenas empresas, que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innovapeme na súa convocatoria do ano 2017 .

     

    • As microempresas e pequenas empresas que, no momento da publicación desta resolución, inclúan como rúbricas exclusivas da Clasificación nacional de actividades económicas-CNAE-2009 algunha das seguintes:

     

    – Sección J: información e comunicacións: quedan excluídas como beneficiarias as empresas das divisións 61: telecomunicacións; 62: programación, consultoría e outras actividades relacionadas coa informática; e 63: servizos de información.

     

    b)     Para a liña 2, bonos para a xestión do financiamento da I D I:

     

    • As pemes que xa resultasen beneficiarias dunha axuda no programa Innova peme na

    súa convocatoria do ano 2020.

     

    ᴘʀᴀᴢᴏ ᴅᴇ ᴘʀᴇꜱᴇɴᴛᴀᴄɪÓɴ ᴅᴇ ꜱᴏʟɪᴄɪᴛᴜᴅᴇꜱ?

    De 10/06/2022- 11/07/2022

     

    ɪɴꜰᴏʀᴍᴀᴄɪÓɴ?: DOG 9 DE XUÑO DE 2022

    Bases reguladoras: Publícanse conxuntamente coa convocatoria. Resolución do 25 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas

    empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3,e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO IN848F).

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220609/AnuncioG0198-250522-0001_es.html.


    Adjuntos: