• 2022-06-27 11:50:08
    Turismo


    𝐂𝐎Ñ𝐄𝐂𝐄 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀𝐗𝐔𝐍𝐓𝐀 𝐃𝐄 𝐆𝐀𝐋𝐈𝐂𝐈𝐀

    𝐌𝐈𝐍𝐈-𝐂𝐀𝐌𝐏𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐃𝐄   𝐋𝐔𝐍𝐒      𝐀     𝐕𝐄𝐍𝐑𝐄𝐒  𝐄𝐍 𝐀𝐋𝐎𝐗𝐀𝐌𝐄𝐍𝐓𝐎𝐒 𝐓𝐔𝐑Í𝐒𝐓𝐈𝐂𝐎𝐒

    𝓞𝓫𝔁𝓮𝓬𝓽𝓸

    Aloxamentos turísticos distribuídos por toda a xeografía galega en estancias de cinco días, de luns a venres, e que sirve tanto para apoiar a adquisición de competencias e habilidades por parte das persoas máis novas como para fomentar o coñecemento da riqueza natural e patrimonial de Galicia, o coidado do medio ambiente e o ocio educativo.

    𝓟𝓻𝓪𝔃𝓪𝓼 𝓮 𝓭𝓪𝓽𝓪𝓼 𝓭𝓲𝓼𝓹𝓸ñ𝓲𝓫𝓵𝓮𝓼

    O número total de prazas dispoñibles é de 600. Ofrécense diferentes quendas alternativas de participación nos meses de xullo e agosto, en diferentes concellos de Galicia.

    𝓟𝓮𝓻𝓼𝓸𝓪𝓼 𝓭𝓮𝓼𝓽𝓲𝓷𝓪𝓽𝓪𝓻𝓲𝓪𝓼

    Nenos e nenas empadroados/as en Galicia que teñan entre 10 e 14 anos no momento da solicitude. Para poder ser admitido/a no programa será necesario non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio. Para os casos nos que se inclúan actividades con auga, é requisito saber nadar. As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33% deberán facer constar a súa condición no apartado que figura no formulario de inscrición, co fin de planificar os apoios persoais necesarios se os precisara. En función do tipo de discapacidade poderá excepcionarse, de ser o caso, o requisito de saber nadar.



     

    𝓘𝓷𝓼𝓬𝓻𝓲𝓬𝓲ó𝓷 𝓮 𝓻𝓮𝓼𝓮𝓻𝓿𝓪

    A reserva da praza efectuarase a través do formulario electrónico de inscrición, que estará dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es. Admítese a inscrición dun máximo de 3 quendas diferentes de programas, indicando a orde de prioridade de participación. A solicitude pode ser individual ou múltiple para quendas idénticas. A solicitude múltiple admitirase para o suposto de dous/dúas, tres e ata catro irmáns/ás.

     

    𝓟𝓻𝓪𝔃𝓸 𝓭𝓮 𝓼𝓸𝓵𝓲𝓬𝓲𝓽𝓾𝓭𝓮

    Desde o día 15 de xuño, finalizando 5 días antes do inicio de cada actividade, salvo no caso de que se esgoten as prazas. Teléfonos de información: 981 544 645 / 981 545 937 / 981 545 822

     


    Adjuntos: