• 2022-07-06 17:12:13
    Cultura


    A exposición fotográfica “Camiños de Auga” sigue o seu itinerario polo territorio e poderá visitarse en Touro ata o próximo día 15 de xullo 

    O GDR Ulla Tambre Mandeo organiza esta exposición de gran formato ao aire libre. Unha interesante mostra coas 30 mellore imaxes do territorio do GDR (Arzúa, Boimorto, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vilasantar). 


    A mostra, inaugurada onte polo alcalde de Touro e vicepresidente do GDR, Ignacio Codesido, está situada na Praza do Luar, na zona de servizos de Fonte Díaz, nas inmediacións da Casa da Cultura e do PAI, e poder ser visitada en calquera horario ata o próximo día 15 de xullo