• 2022-07-18 12:41:29
    Concello

    AXUDA ECONÓMICA DE PAGO ÚNICO DE 200 EUROS PARA PERSOAS FÍSICAS DE BAIXO NIVEL DE INGRESOS E PATRIMONIO

    MINISTERIO DE HACIENDA E FUNCIÓN PÚBLICA

    Persoas beneficiarias


    Persoas físicas: asalariadas, autónomas e desempregadas inscritas na oficina de emprego, sexan beneficiarias ou non da prestación ou subsidio por desemprego, sempre que en 2021 percibisen ingresos inferiores a 14.000 euros anuais, e tivesen un patrimonio inferior a 43.196,40 euros anuais.

    Requisitos


    1.   Ter residencia legal e efectiva en España con data do 27 de xuño de 2022 e tela de forma continuada e ininterrompida durante polo menos o ano inmediatamente anterior á devandita data.

    2.    Que no ano 2021, a suma das rendas de todas as persoas convivintes (cónxuxe ou parella, familiares ata o terceiro grao) sexa inferior a 14.000 e o patrimonio non supere os 43.196,40 €, sen incluír a vivenda habitual.

    Persoas excluídas


    Persoas que xa cobren o IMV ou reciban pensións do Réxime Xeral e os Réximes especiais da Seguridade Social ou polo Réxime de Clases Pasivas do Estado.

    Solicitudes e prazo


    A solicitude presentarase na Sede electrónica da AEAT ata o 30 de setembro de 2022.

    Máis información:


    Servizos sociais comunitarios do Concello de Touro 

    Teléfonos: 981.504.000/29 Extensión 1