-
Bono coidado para a conciliación en situacións puntuais e periodos de vacacións escolares2022-07-18 16:38:34Servizos Sociais
BONO COIDADO PARA A CONCILIACIÓN EN SITUACIÓNS PUNTUAIS E PERÍODOS DE VACACIÓNS ESCOLARES
Consellería de Política Social e Xuventude
Obxecto
Axudas económicas ás familias con nenos e nenas residentes en Galicia de ata doce anos de idade, estes incluídos, para atención de necesidades de conciliación producidas entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2022, de carácter puntual ou durante os períodos de vacacións escolares.
Entenderanse como períodos de vacacións escolares os seguintes:
· Do 1 ao 7 de xaneiro.
· Os días 28 de febreiro e 1 e 2 de marzo.
· Do 11 ao 18 de abril.
· Do 23 de xuño ao 14 de setembro.
Persoas beneficiarias. Requisitos
Os/as pais/nais e titores/as de nenos/as de ata doce anos de idade, estes incluídos, ou as persoas que os/as teñan en situación de acollemento familiar ou garda con fins adoptivos, que residan na Comunidade Autónoma de Galicia e se atopen nos supostos seguintes:
1. Que o neno ou nena sexa menor de trece anos no momento no que se produce o suposto para o que se solicita a axuda.
2. Que ambos proxenitores, titores/as, acolledores/as, gardadores/as, familias monoparentais ou proxenitores con custodia non compartida, estean efectivamente traballando, no suposto de solicitudes por enfermidade ou accidente do neno ou nena e/ou por asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
Accións subvencionables
1. Necesidades puntuais:
1. Enfermidade ou accidente do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual.
2. Asistencia da persoa coidadora habitual a entrevistas de traballo ou cursos de formación que impidan a atención do neno ou nena.
3. Situacións puntuais de carácter laboral da persoa coidadora habitual que impidan a atención do neno ou nena.
4. Situacións puntuais de coidado de familiares, do neno ou nena ou da persoa coidadora habitual, ata o segundo grao de parentesco por consanguinidade ou afinidade sempre que impidan a atención do neno ou nena.
2. Necesidades en períodos de vacacións escolares que se producen cando os centros educativos están pechados por vacacións sempre que ambos os proxenitores, titores/as acolledores/as, gardadores/as con fins adoptivos acrediten que por motivos laborais non poden facerse cargo da atención do neno ou nena.
Gastos subvencionables
Gastos realizados entre o 1 de xaneiro e o 14 de setembro de 2022 correspondentes a:
1. Contratación laboral dunha persoa empregada do fogar de forma temporal para o coidado do neno ou nena. Consideraranse tamén as ampliacións horarias de contratos laborais preexistentes que se realicen con esta finalidade no que se refire á dita ampliación.
2. Contratación de servizos de atención á infancia a domicilio.
3. Asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social, en concreto, atención en ludotecas, espazos infantís ou servizos complementarios de atención á infancia.
4. Asistencia a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
Tipo e contía de axudas
Consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións. A contía máxima da axuda será:
De 500 euros por unidade familiar no caso de contratación dunha persoa empregada do fogar ou de servizos de atención á infancia a domicilio.
De 200 euros por cada neno ou nena no caso de asistencia a servizos de conciliación autorizados pola Consellería de Política Social ou a campamentos ou outros recursos de conciliación colectivos especificamente organizados para a atención dos nenos e nenas nos períodos de vacacións escolares.
Modo de presentación e prazo da solicitude
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo de presentación finalizará o día 30 de setembro de 2022.
Máis información:
Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Touro Teléfonos: 981504000/29 Extensión 1
Orde do DOG nº 130 do 2022/7/8 - Xunta de Galicia