-
Subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido2022-07-18 17:09:02Servizos Sociais
SUBVENCIÓNS PARA A ADQUISICIÓN DE BICICLETAS CON PEDALEO ASISTIDO (IF319B)
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
OBXECTO
Establecer as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido, en réxime de concorrencia non competitiva, (IF319B) así como para a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión (IF319A) e convocalas para a anualidade 2022.
ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES
Adquisición de bicicletas novas con pedaleo asistido en establecementos comerciais situados en Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
1. Bicicleta con pedaleo asistido, nova, equipada cun motor eléctrico auxiliar, de potencia nominal continua máxima inferior ou igual a 250 W, cuxa potencia diminúa progresivamente e que finalmente se interrompa antes de que a velocidade do vehículo alcance o 25 km/h ou se o ciclista deixa de pedalear (pregables incluídas).
2. Batería de litio, con capacidade igual ou superior a 248 wh (vatios/hora).
3. Cadro ríxido (sen dobre suspensión).
4. Luz traseira e dianteira.
5. Gardabarros dianteiro e traseiro completo, ambos de serie.
6. Pata de cabra ou cabalete.
7. Cumprimento de Norma UNE-EN 15194:2018. Ciclos con asistencia eléctrica. Bicicletas EPAC.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados dentro do prazo para a execución da adquisición
PERSOAS BENEFICIARIAS DAS SUBVENCIÓNS
Persoas físicas maiores de idade empadroadas nun municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
CONTÍA MÁXIMA SUBVENCIONABLE
Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda pola adquisición dunha única bicicleta con pedaleo asistido que cumpra os requisitos técnicos, cos seguintes límites:
· Beneficiario/a xeral: 500 €
· Beneficiario/a integrante dunha familia numerosa: 600 €
· Beneficiario/a integrante familia numerosa con categoría especial: 700 €
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 50% do prezo da bicicleta con pedaleo asistido para un beneficiario/a xeral, do 60% para beneficiarios/as integrantes dunha familia numerosa e do 70 ¡% para beneficiarios/as integrantes dunha familia numerosa con categoría especial.
SOLICITUDES
A tramitación do procedemento de solicitude de axuda (IF319B) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na web da Dirección Xeral de Mobilidade, https://ebici.xunta.gal
PRAZO DE SOLICITUDE
Comezará o 1 de agosto de 2022, ás 10.00 horas, e finalizará o 15 de novembro de 2022 ou cando se esgoten os fondos.
Orde do DOG nº 135 do 2022/7/15 - Xunta de Galicia