• 2022-08-12 13:31:34
    Servizos Sociais


    AXUDAS A MENORES DE 35 ANOS PARA A ADQUISICIÓN DE VIVENDA EN CONCELLOS DE MENOS DE 10.000 HABITANTES - VI435A

    INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

     

    OBXECTO

    Acceso a unha vivenda en réxime de propiedade localizada nun municipio de pequeno tamaño, así como contribuír ao reto demográfico da recuperación de poboación neses municipios.

    PERSOAS DESTINATARIAS. REQUISITOS

    1. Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. As persoas estranxeiras non comunitarias, deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España.

    2. Ter menos de 35 anos, incluída a idade de 35 anos, no momento de solicitar a axuda ou no momento da subscrición do contrato privado ou da escritura pública de compravenda, cando esta se realice antes da publicación da convocatoria.

    3. Que os ingresos anuais das persoas que compoñen a súa unidade de convivencia sexan iguais ou inferiores a tres veces o IPREM. Este límite será de catro veces o IPREM se se trata dunha familia numerosa de categoría xeral ou dentro da   súa   composición   existan persoas cunha discapacidade. O límite será de cinco veces o IPREM cando sexa unha familia numerosa de categoría especial ou na súa composición existan persoas con algunha discapacidade específica, sinalada na convocatoria.

    4. Ter subscrito a partir da data sinalada na convocatoria un contrato privado ou, de ser o caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda que reúna os seguintes requisitos:

    _Que a vivenda estea localizada nun concello galego de menos de 10.000 habitantes.

    _Que o prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sexa igual ou inferior a 120.000 euros.

    _Que se trate dunha vivenda xa construída, nova ou usada.

    5. Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean empadroadas na vivenda adquirida no momento de presentación da solicitude, para o caso de que a adquisición se realizase con anterioridade á data da publicación da convocatoria.

    6. Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.


    7. Que nin a persoa solicitante nin as demais persoas integrantes da súa unidade de convivencia estean incursas nalgunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de decembro, xeral de subvencións, e no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como que non se lles teña revogado, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda prevista neste ou no anterior plan estatal de vivenda, por incumprimento ou causa imputable a aquelas.

    8. Que nin a persoa solicitante nin calquera das persoas integrantes da súa unidade de convivencia sexan propietarias ou usufrutuarias dalgunha vivenda en territorio español, excepto que non poidan dispor desta..

    9. Tamén poderán ser persoas beneficiarias aquelas que tendo presentado unha solicitude de subvención para a adquisición de vivenda, ao abeiro de convocatorias inmediatamente anteriores, lle fose denegada por esgotamento do crédito previsto

     

    CONTÍA DAS AXUDAS

    Ata 10.800 €, co límite do 20 % do prezo de venda.

    No suposto de adquisición da propiedade da vivenda por máis dunha persoa propietaria, o importe da axuda determinarase aplicando a porcentaxe de cota adquirida.
    LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN
    Preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

    Tamén se poderán presentar presencialmente por calquera dos medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

    O prazo rematará o 30 de setembro de 2022 e, en todo caso, no momento do esgotamento do crédito orzamentario.

    MÁIS INFORMACIÓN

    Servizos sociais do Concello de Touro Teléfono: 981504029/981504000 Extensión 1

    https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220812/AnuncioC3Q2-010822-0001_es.html


    Adjuntos: