• 2022-09-14 18:12:40
    Concello


    A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, puxo a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.

    Polo que este venres ás 12.30 celebrarase de novo a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre o consumo e os nosos dereitos coa VOLTA AO COLE.

    Faremos unha pequena exposición sobre os dereitos que temos neste inicio de curso e responderemos a todas as dúbidas que teñades en materia de consumo.

    Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder este venres ás 12.30.

    Para participar:

    1º.- Entra na web do IGCC:

    https://consumo.xunta.gal/gl

    2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO

    3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.

    OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"

    4º.- UNIRSE Á REUNIÓN

     

    Vémonos!

    SAUDIÑOS

     


    Adjuntos: