• 2022-10-06 14:00:26
    Formación


    O Instituto Galego do Consumo e da Competencia pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.

    Mañá venres ás 12.30 celebrarase de novo a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre o consumo e os nosos dereitos para tratar A REPARACIÓN DE VEHÍCULOS.

    O Instituto Galego de Consumo e da Competencia responderá a todas as dúbidas.

     

    Toda aquela persoa que desexe participar unicamente ten que acceder este venres ás 12.30.

     

    Para participar:

    1º.- Entra na web do IGCC:

    https://consumo.xunta.gal/gl

    2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO

    3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.

    OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"

    4º.- UNIRSE Á REUNIÓN


    Adjuntos: