-
Reactívanse as comunicacións para queimas agrícolas de particulares2022-11-09 10:40:11Concello
Reactívanse as comunicacións para levar a cabo queimas agrícolas de particulares na comunidade autónoma
Desde onte, os interesados deberán confirmar na súa comunicación que efectuarán unha queima de palla ou material natural non perigoso, utilizado en explotacións agrícolas ou gandeiras
No caso de efectuar o trámite chamando ao 012, deberán dar conta tamén desta circunstancia por teléfono
A maiores, retómanse tamén as solicitudes de autorización para queimar restos forestais amoreados
Máis información no seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/74353/xunta-reactiva-comunicacions-para-levar-cabo-queimas-agricolas-particulares-comunidade