-
OUTONO XOVE. Programa de eduación non formal en diferentes albergues xuvenís e Espazos Xoves de Galicia2022-11-09 10:43:46Cultura
𝐎𝐔𝐓𝐎𝐍𝐎 𝐗𝐎𝐕𝐄
A Xunta de Galicia pon en marcha o novo programa Outono Xove, un 𝐩𝐫𝐨𝐠𝐫𝐚𝐦𝐚 𝐝𝐞 𝐞𝐝𝐮𝐜𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐧𝐨𝐧 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐥 𝐜𝐨𝐧 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐟𝐨𝐫𝐦𝐚𝐭𝐢𝐯𝐚𝐬 𝐞 𝐝𝐞 𝐥𝐞𝐜𝐞𝐫 para a mocidade galega 𝐝𝐮𝐫𝐚𝐧𝐭𝐞 𝐨𝐬 𝐦𝐞𝐬𝐞𝐬 𝐝𝐞 𝐧𝐨𝐯𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 𝐞 𝐝𝐞𝐜𝐞𝐦𝐛𝐫𝐨 en dous tipos de espazos diferentes:
1. Durante as fins de semana en distintos albergues xuvenís e outras instalacións do territorio galego.
2. De carácter semanal nos 12 Espazos Xoves dependentes da Consellería de Política Social e Xuventude.
A programación, totalmente gratuíta, inclúe 𝐝𝐨𝐜𝐞 𝐭𝐢𝐩𝐨𝐬 𝐝𝐞 𝐚𝐜𝐭𝐢𝐯𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞𝐬 𝐩𝐫𝐞𝐬𝐞𝐧𝐜𝐢𝐚𝐢𝐬 vinculadas a diferentes ámbitos:
- Catro deles desenvolveranse aos sábados: escape room, break dance, obradoiro de cine, xogos de mesa.
- Os oito restantes realizaranse de martes a venres, segundo o calendario que se especifica para cada espazo xove: rap, danza moderna, xadrez creativo, xadrez, maquillaxe artística, robótica, teatro, ciencia.
As actividades están dirixidas á mocidade da contorna de cada espazo xove 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝟏𝟐 𝐞 𝟏𝟖 𝐚𝐧𝐨𝐬. Cada persoa poderá inscribirse en cantos obradoiros queira.
A inscrición será no propio espazo xove a través das súas canles de comunicación habituais (presencial, telefónica ou electrónica).
info:
http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/24122-outono-xove-2022
Adjuntos: