• 2022-11-09 16:16:42
    Concello


    Humanización e rehabilitación dun espazo público no núcleo de Mourelos de Abaixo

    A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Touro asinaron onte á tarde o convenio de colaboración para a humanización e rehabilitación dun espazo público no núcleo rural de Mourelos de Abaixo.

    O investimento previsto: 117.000 euros.

    A Xunta aportará o 70% e o Concello de Touro, o 30% restante.

    Os traballos enmárcanse no Plan Hurbe e centraránse no viario público que dá servizo a este núcleo do Concello de Touro.

    O proxecto:

    _Sustituirá o pavimento actual por outro de formigón con dúas franxas laterais de lastro de granito e unha franxa central con lusas de pedra.

    _Mellorará a rede de recollida de pluviais.

    _Construirá unha canalización soterrada para cable de alumeado público.

    _Instalará 13 puntos de luz LED.

    _Adaptará os pozos de saneamento.

    información:

    https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/74367/conselleira-medio-ambiente-territorio-vivienda-alcalde-firmaron-esta-tarde-convenio?langId=gl_ES