-
CAMPAÑA DE NEVE 20232022-12-01 13:26:50Cultura
- A Deputación da Coruña programa a Campaña da Neve 2023 na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias) para nenos e nenas de toda a provincia con idades entre 11 e 15 anos inclusive (cumpridos a 31/12/2022).
- Ao Concello de Touro concedéronlle 4 prazas (imprescindible estar empadroados en Touro) na 4ª quenda entre o 3 e o 6 de febreiro de 2023. No caso de que se rexistren máis solicitudes, procederase a un sorte diante do secretario municipal.
- O prezo da viaxe será de 85€ que inclúe transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de materia, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
- Prazo de inscrición dende hoxe ata o 16 de decembro no concello (Departamento de Cultura) ou nos teléfonos 981 81 45 66 - 981 50 40 29.
Adjuntos: