• 2024-10-15 13:01:22
    Información Xeral

    O CONCELLO DE TRABADA ACOLLE O 10 DE NOVEMBRO A RUTA DE SENDEIRISMO DA FRAGA DA BECERREIRA


    O  Concello de Trabada presenta os detalles da última das rutas programadas este ano coa colaboración da asociación de sendeirismo Trabada Paso a Paso.



    O 10 de novembro chega a quenda da Ruta da Fraga da Becerreira, un percorrido de seis quilómetros de dificultade media-baixa.



    A saída será ás 10:00 horas desde a praza do concello e ó finalizar a ruta haberá comida para tódolos asistentes. As prazas son limitadas. Inscricións ata o 5 de novembro no teléfono do concello 982 135 011.



    Desde xuño ata novembro, realizáronse as cinco rutas de sendeirismo coas que se conta no Concello de Trabada (Ruta da Subida ó Picato; Ruta da Fraga da Vilapena; Ruta do Vento; Ruta do Monte Roxal-Teixido, e Ruta Fraga da Becerreira).



    Adjuntos: