• 2024-10-15 13:04:11
    Información Xeral

    O  Concello de Trabada pon en marcha un programa de viaxes para a veciñanza cunha excursión ás termas de Outariz e Allariz


    O Concello de Trabada pon en marcha un programa de viaxes para posibilitar que os veciños e veciñas poidan coñecer Galicia en saídas conxuntas e organizadas polo propio concello.



    A primeira excursión de ‘Viaxa co Concello de Trabada’, para veciños e veciñas a partir de 50 anos, será ás termas de Outariz e Allariz o próximo sábado 23 de novembro. Cun prezo de 30 euros, inclúe o desprazamento en autobús, entrada ás termas de Outariz, comida en Allariz e entrada ao museo de coiro.



    O número de prazas para a primeira saída é limitado e o prazo de inscrición remata o 15 de novembro nas oficinas municipais.




    Adjuntos: