• 2024-10-15 13:23:10
    Eventos

    CONCELLO DE TRABADA INICIA EN NOVEMBRO OS CICLOS TEATRAIS MENSUAIS CON OITO REPRESENTACIÓNS ATA XUÑO

    Unha vez ao mes, a Casa da Cultura de Trabada acollerá unha obra de teatro

    O Concello de Trabada anuncia o inicio dos Ciclos Teatrais Mensuais, que proporán unha representación teatral cada mes na Casa da Cultura. Deste modo, o primeiro sábado de cada mes, entre novembro e xuño de 2024-2025, os veciños e veciñas poderán gozar dunha obra de teatro distinta.

    O programa comezará o próximo sábado 2 de novembro.

    ¡ESPERÁMOSVOS!

    Adjuntos: