-
BANDO LUGO TERMAL2024-12-03 09:38:25Información Xeral
BANDO
DON RUBÉN GARCÍA FREIJE, ALCALDE DO CONCELLO DE TRABADA,
FAI SABER:
Que a Deputación provincial de Lugo ven de convocar o programa de Lugo Termal, ofrecendo a lucenses maiores de 50 anos, prazas subvencionadas nos establecementos balnearios da provincia que se relacionan a continuación:
• Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón.
• Hotel Balneario Río Pambre, en Palas de Rei.
• Balneario e Termas de Lugo, Termas Romanas.
• Balneario Guitiriz.
Ás persoas beneficiarias deste programa facilítaselles o acceso aos tratamentos termais que ofrece a provincia, co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida ao tempo que potencia a dimensión económica da riqueza medioambiental da provincia, en particular das súas augas mineromedicinais.
Requisitos:
Ter máis de 50 anos e estar empadroado/a na provincia de Lugo.
Servizos
Os paquetes nos que se ofrecen a través da subvención da Deputación de Lugo son os seguintes:
OPCIÓN A : ESTANCIA TRATAMENTOS (275,00€ IVE engadido a cargo da persoa participante)
1. Estanzas de 6 días con 5 noites
2. As estanzas comprenderán 5 pensións completas.
3. Con carácter xeral, 15 técnicas de saúde por estanza.
OPCIÓN B : TRATAMENTO SEN ESTANCIA (264,00€ IVE engadido a cargo da persoa participante)
30 técnicas terapéuticas (como mínimo) durante dez días, sen necesidade de estancia na entidade adherida.
Prazo de inscrición e documentación:
Aberto o prazo de inscrición ata 30/11/2025, ou ate esgotar prazas.
En Trabada, asinado dixitalmente polo Sr. Alcalde na data que figura na marxe.