• 2022-06-30 12:58:44
    Subvencións

    BANDO
    Dona MAYRA GARCÍA BERMÚDEZ, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Trabada, FAI SABER:
    Que o 30 de xuño do 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do Instituto Galego de Vivenda e Solo, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións do Programa de BONO ALUGUEIRO PARA A MOCIDADE e se convocan para o ano 2022, por un prazo de 2 anos.
    - PERSOAS BENEFICIARIAS: Menores de 36 anos, arrendatarios de vivenda ou habitación, que dispoñan dunha fonte regular de ingresos (traballadores por conta propia ou allea, persoal investigador, e persoas perceptoras de prestacións sociais).
    - PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES: Dende o 1 de xullo ao 31 de outubro de 2022, tendo en conta que as axudas se tramitarán polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible; polo que se premiará a rapidez para presentar a solicitude.
    - FORMA DE PRESENTACIÓN: Obrigatoriamente a través de medios electrónicos (https://sede.xunta.gal) mediante o formulario dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento VI482E); precisando certificado electrónico ou mediante a Chave365. Para a consulta das bases e da documentación que se deberá presentar coa solicitude prema no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220630/AnuncioC3Q2-200622- 0003_gl.pdf En Trabada, asinado dixitalmente pola Sra. Alcaldesa na data que figura na marxe.

    Adjuntos: