-
Bando Préstamos de financiamento para explotacións de gando bovino2022-07-07 14:20:58Subvencións
BANDO
Dona MAYRA GARCÍA BERMÚDEZ, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Trabada, FAI SABER:
Que o 7 de xullo do 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde a través da cal se regula o procedemento para o recoñecemento do dereito a préstamos de financiamento de capital circulante en explotacións de gando bovino, no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, cofinanciado polo Feader.
- REQUISITOS: Persoas físicas autónomas ou xurídicas, titulares de explotacións bovinas da Comunidade Autónoma de Galicia que dispoñan dunha resolución individual válida, por parte da Consellería de Medio Rural, de recoñecemento do dereito a un préstamo e o formalicen. Debendo cumprir, ademais, as seguintes condicións:
A) A explotación deberá estar inscrita no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
B) Ser pequena e mediana empresa (peme).
- FINALIDADE DOS PRÉSTAMOS: Destinaranse exclusivamente ao financiamento do seu activo corrente, entendendo como tal o pagamento de nóminas dos traballadores, tributos, seguridade social, alugamento, provedores, leasing, acredores por prestación de servizos, reparacións, cotas de débedas bancarias a longo prazo. Non poderán ser empregados para financiar investimentos en inmobles, activos financeiros nin para a cancelación anticipada de pasivos bancarios.
- PRAZO PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES: Dende o 8 de xullo ao 7 de agosto de 2022, tendo en conta que as axudas se tramitarán polo procedemento de concorrencia non competitiva ata esgotar o crédito dispoñible; polo que se premiará a rapidez para presentar a solicitude.
- FORMA DE PRESENTACIÓN: Obrigatoriamente a través de medios electrónicos mediante o formulario normalizado (Anexo I
- Código de procedemento MR553D) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal); precisando certificado electrónico ou mediante a Chave365. - DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA:
A) Acreditación da representación, se for o caso.
B) Balance e contas de resultados do último ano se son sociedades.
C) Anexo II – Autorización á SAECA para obter directamente por medios telemáticos a información que considere precisa para elaborar o informe de viabilidade crediticia.
Para a consulta das bases e da documentación que se deberá presentar coa solicitude así como os gastos subvencionables prema na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220707/AnuncioG0426-270622- 0002_gl.pdf
En Trabada, asinado dixitalmente pola Sra. Alcaldesa na data que figura na marxe.
Adjuntos: