-
BANDO AXUDAS DO BONO PARA O ALUGUEIRO SOCIAL2022-07-14 10:16:15Subvencións
BANDO
Dona MAYRA GARCÍA BERMÚDEZ,
Alcaldesa-Presidenta do Concello de Trabada, FAI SABER:
Que o 13 de xullo do 2022 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do Instituto Galego da Vivenda e Solo pola que se establecen as bases reguladoras das AXUDAS DO BONO DE ALUGUEIRO SOCIAL e se procede á súa convocatoria.
-COLECTIVOS DESTINATARIOS:
a)As unidades de convivencia que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda por estaren inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron que a persoa arrendadora interpuxese unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
b)As unidades de convivencia das vítimas de violencia de xénero que teñan dificultade para asumir o custo do arrendamento dunha vivenda.
c)As unidades de convivencia con dificultades para asumiren o custo do arrendamento dunha vivenda e que fosen privadas da súa vivenda habitual, que posúen en calidade de propietarias ou usufrutuarias, por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc.
d)As unidades de convivencia ás cales, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS, lle finalizase a vixencia do seu contrato, unha vez publicada esta resolución.
e)As unidades de convivencia ás cales, por concorreren circunstancias de emerxencia social e non acadaren o límite mínimo de ingresos establecido no Programa de vivendas baleiras cos concellos, a Comisión de Seguimento e Coordinación do citado programa lles propoña a adxudicación dunha vivenda.
f)As unidades de convivencia que, sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sociedade de Xestión de Activos Procedentes de Reestruturación Bancaria (Sareb), en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos 6 meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de axuda do Programa do bono alugueiro social.
g)Os/as mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e saian do réxime de tutela, co obxecto de facilitarlles o acceso a unha vivenda en réxime de arrendamento.
h)As persoas que fosen privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execución hipotecaria ou dun acordo extraxudicial de venda ou dación en pagamento a entidades financeiras.
i)As persoas que sexan beneficiarias do bono de alugueiro social, ou que estean en situación de prórroga, con base nas convocatorias anteriores, sempre que acrediten que continúan en situación de vulnerabilidade.
-REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:
a) Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso dos estranxeiros non comunitarios, deberán contar con autorización de estadía ou residencia en España.
b) Estar empadroadas e ter residencia efectiva nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia durante os 12 meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude da axuda.
c) Ser titulares ou estar en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha duración mínima dun ano, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.
No caso dos/das menores orfos/as por violencia de xénero ou vítimas de trata menores de idade, o contrato de arrendamento poderá ser asinado pola persoa que posúa a patria potestade, tutela ou acollemento familiar permanente do/da dito/a menor, nos termos que se determine na normativa aplicable.
d) Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente.
e) Que a renda do contrato de arrendamento non supere os importes sinalados no ordinal 8º das bases reguladoras.
f) Que os ingresos da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, computados conforme establece o ordinal sétimo destas bases reguladoras, sexan iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM ponderado, coa excepción das fillas e fillos maiores de idade, pero menores de 30 anos, das vítimas mortais por violencia de xénero, que dependesen economicamente da nai e/ou do agresor, caso en que os ingresos deberán ser iguais ou inferiores a doce mensualidades do IPREM.
g) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da unidade de convivencia teña vínculo de matrimonio ou relación estable análoga coa persoa arrendadora.
h) Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto.
i) Que non sexan arrendatarias de vivendas xestionadas polo IGVS.
-CONTÍA: O importe mensual desta axuda non poderá chegar ao 100 % da renda do contrato de arrendamento, sempre que non supere os importes establecidos nas bases.
As axudas concedidas non poderán estenderanse como máximo ata o 31 de Alicia de 2026.
-FORMA PARA PRESENTAR AS SOLICITUDES: As solicitudes poderán presentarse de xeito electrónico electrónica a través da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou presencial (en calquera dos rexistros das Administracións Públicas); mediante o formulario normalizado (Anexo I – Código de procedemento VI482F).
As solicitudes deberanse dirixir á Área Provincial do IGVS onde estea situada a vivenda.
-PRAZO: Dende o 14 de xullo de 2022 ata o 30 de novembro de 2026, ata o esgotamento da dotación orzamentaria ou das súas ampliacións.
Para a consulta das bases e da documentación que se deberá presentar coa solicitude así como os gastos subvencionables prema na seguinte ligazón: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220713/AnuncioC3Q2-040722-0001_gl.html
En Trabada, asinado dixitalmente pola Sra. Alcaldesa na data que figura na marxe.
Adjuntos: