• 2022-09-19 14:17:49
    Información Xeral


    Trabada, 19 de setembro de 2022.

    Estimados/as veciños/as:

     Dírixome a vós para informarvos de que o Concello de Trabada pon a disposición dos veciños e veciñas empadroados no Concello o servicio de transporte gratuíto para acudir a cursos de natación á piscina municipal de Ribadeo.

     Considerando unha prioridade deste goberno o fomento do deporte e de hábitos de vida saudables, porque para nós é moi importante ofrecer, dende a administración local, diferentes actividades culturais ,deportivas, de ocio… de forma que os nosos veciños e veciñas teñan as mesmas oportunidades con independencia do lugar no que vivan, ofrecémosvos este servicios que se farán no caso de haber un número mínimo de inscritos, xa que a nosa obriga é facer un uso responsable e eficiente do que é de todos, o diñeiro público.

     

    Como sabedes, dende que chegamos ao goberno, traballamos intensamente co único obxectivo de mellorar o noso Concello e polo tanto, a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, poñer en marcha inciciativas como esta que ademáis dos efectos positivos que teñen para a nosa saúde tamén son unha ferramenta de conciliación laboral e familiar.

     

    Dende o Concello de Trabada contactamos coa xerencia da piscina municipal de Ribadeo. Establecen cursos para grupos as tardes dos venres co seguinte horario e cuotas mensuais:




    NENOS/AS: DE 19:00 A 19:45 13,92 €

     

    ADULTOS/AS: DE 19:45 A 20:30  19,51 €

     

     Asimesmo, indícannos que as prazas máximas para os nenos/as son de 10 de aprendizaxe e 15 de perfeccionamento; para os adultos 5 de aprendizaxe e 10 de perfeccionamento e que para poder levarse a cabo hai que contar cun grupo mínimo de 12 nenos/as e 6 adultos. Por tratarse de un grupo pechado, os usuarios non terán que aboar a matrícula. Os/as menores de idade irán acompañados por un monitor/a durante a viaxe de ida e volta e o tempo de espera ata que remate o derradeiro turno.

     Por último, coa finalidade de organizar este servicio e saber se contamos cun número mínimo de inscritos para poder prestalo, pregámosche que se estás interesado nos fagas chegar cuberta a folla de inscripción antes do 30 de setembro de 2022. A admisión será por orden de entrada no Rexistro Xeral do Concello.

     

    Unha forte aperta da vosa alcaldesa.

    Mayra García Bermúdez.


    Adjuntos: