• 2022-09-21 10:38:28
    Información Xeral

    ANUNCIO

    DONA MAYRA GARCÍA BERMÚDEZ, ALCALDESA DO CONCELLO DE TRABADA
    FAI SABER:

    Que poñemos a disposición dos veciños e veciñas unha actividade de ximnasia de mantemento para tódalas idades.

    Esta actividade desempeñarase no pavillón municipal de Trabada tódolos xoves de 20:00 a 21:00 horas, dende o mes de outubro ata o mes de maio. O custo da actividade será 20 €/mes para os maiores de idade e 15 €/mes para o menores de idade. Esta actividade farase no caso de haber un número mínimo de inscritos.

    Dende que chegamos ao goberno, traballamos intensamente co único obxectivo de mellorar o noso Concello e polo tanto, a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. É unha prioridade deste goberno o fomento do deporte e de hábitos de vida saudables, porque para nós é moi importante ofrecer, dende a administración local, diferentes actividades culturais ,deportivas, de ocio…

    Toda persoa interesada deberá realizar a inscripción no Rexistro do Concello antes do 30 de setembro de 2022.

    En Trabada na data da sinatura,
    A Alcaldesa. Mayra García Bermúdez.

    Adjuntos: