04-Octubre-2023 10:56
A Xunta, a través do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, pon a disposición da cidadanía os VENRES DE CONSUMO RESPONDE.
Polo que este venres 6 de outubro ás 12.30 celebrares a través da aula virtual de consumo unha charla aberta sobre os nosos dereitos como persoas consumidoras con SERVIZOS BANCARIOS: MEDIOS DE PAGO.
Farase unha pequena exposición sobre os dereitos que temos e responderase a todas as dúbidas que se teñan en materia de consumo.
Infórmase das charlas abertas que se levarán a cabo este mes de outubro.
Toda aquela persoa que desexe participar únicamente ten que acceder os venres ás 12.30 na web.
Para participar:
1º.- Entra na web do IGCC: https://consumo.xunta.gal/gl
2º.- Pincha na foto que ves na páxina principal á esquerda que pon VENRES DE CONSUMO
3º.- Verás que estás na aula de VIDEOCONFERENCIA, pois prema na ligazón para acceder á mesma.
OLLO! Se non ten Webex instalado, prema en "Únase desde el navegador"
4º.- UNIRSE Á REUNIÓN
Escola Galega do Consumo Rúa Torrente Ballester 1-5 baixo.15707 Santiago de Compostela
Teléfono: 881 999 091