BASES SELECCION ALUMNADO OBRADOIRO DE EMPREGO TERRAS DO SOR VII
Están expostas as bases de selección dos/as alumnos/as participantes do obradoiro dual de emprego Terras do Sor VII que comezará a funcionar nos próximos días e que agrupa os concellos de Muras, Ourol e O Vicedo. Ao concello de Ourol correspóndenlle 6 alumnos/as (3 de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e 3 de carpintaría de madeira) Selección: A selección dos postos será os seguintes días no Centro Sociocultural do Concello do Vicedo e co seguinte horario : - Alumnos módulo de carpintaría de madeira: 23 de outubro ás 10:00 horas - Alumnos módulo de sociosanitaria: 24 de outubro ás 10:00 horas Información: No Concello de Ourol a través do Axente de Emprego ou chamando ao 982-559109. As bases están expostas no taboleiro de anuncios da Casa do Concello de Ourol e tamén se poden consultar no sitio web do concello no enlace: https://concellodeourol.sedelectronica.es |
Emprego 16-Octubre-2023 13:34
|