Ourol Informa

Subvencións do Programa de axuda ao alugamento de vivenda na Comunidade Autónoma de Galicia


OBXECTO:  Facilitar o desfrute dunha vivenda en réxime de alugamento a sectores de poboación con escasos medios económicos, mediante o outorgamento de axudas directas ás persoas arrendatarias.


REQUISITOS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS:

a. Posuir a nacionalidade española ou a dalgún dos Estado membros da Unión Europea.
b. Ser titular, en calidade de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda cunha duración mínima dun ano. O contrato deberá facer mención expresa á referencia catastral da vivenda arrendada.
c. Que a vivenda arrendada constitúa a súa residencia habitual e permanente, así como da súa unidade de convivencia durante todo o período polo cal se conceda a axuda
d. Que a renda mensual da vivenda non supere os importes establecidos no artigo 8 da Orde reguladora (425 € / mes no Concello de Ourol).
e. Que a suma total das rendas anuais das persoas que teñan o seu domicilio habitual ou permanente na vivenda arrendada, sexan iguais ou inferiores a 3 veces o IPREM.
f. Que os ingresos mínimos da unidade de convivencia non sexan inferiores a 0,5 veces o IPREM.


g. Atoparse ao día nas súas obrigas tributarias .

Non poderá concederse a axuda cando a persoa solicitante ou algunha das persoas integrantes da súa unidade de convivencia se atope nalgunha das situacións que a continuación se indican:

a. Ser propietario ou usufrutuario dalgunha vivenda en España.
b. Ter parentesco en primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda.
c. Ser socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora.
d. Ser arrendataria dunha vivenda xestionada polo IGVS ou por calquera Administración pública.

AXUDAS:

Concederase ás persoas beneficiarias unha axuda do 50 % da renda que deban satisfacer polo alugamento da súa vivenda habitual e permanente, en función dos seus ingresos, conforme os distintos tramos establecidos na orde da convocatoria:


- Ingresos desde 0,5 ata 1,5 veces o IPREM: 50 %

- Ingresos desde 1,5 ata 2,5 veces o IPREM: 40 %

- Ingresos desde 2,5 ata 3, 4 ou 5 veces o IPREM: 30 %

Con cargo a fondos autonómicos poderán incrementarse as porcentaxes anteriores de axuda en 10 puntos porcentuais para certos colectivos (Persoas menores de 36 anos, Familias numerosas, Familias monoparentais, etc).

A axuda concederase anualmente e poderá acadar o prazo máximo de dous anos. Non obstante, para poder gozar da segunda anualidade deberá solicitarse a renovación anual no prazo que se sinale na resolución de concesión da axuda inicial.


PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: O prazo comezará o día 15 de xaneiro de 2024 e finalizará o día 29 de febreiro de 2024 e, en todo caso, ao esgotamento da partida orzamentaria contida nesta convocatoria.

INFORMA: Resolución do 18 de decembro de 2023 do IGVS (DOG nº 8 de 11 de xaneiro de 2024).  Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 982-559109

Emprego 11-Enero-2024 09:46