Probas de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3 de cualificacións.
OBXECTO: Convocatoria das probas de avaliación en competencias clave para o acceso as accións formativas dos novos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3. As competencias clave son necesarias para poder acceder a certas especialidades dos obradoiros de emprego de nivel 2 e 3 para aqueles desempregados que non posúan de estudos como mínimo a ESO. COMPETENCIAS CLAVE QUE SE CONVOCAN: Convocanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3 nas seguintes competencias clave: - Comunicación en lingua galega - Comunicación en lingua castelán. - Comunicación en lingua extranxeira (inglés) - Competencia matemática. No caso da competencia de comunicación en lingua galega, estarán exentas de presentarase a esta proba as persoas que estén en posesión do certificado Celga 2 ou Celga 3 dependendo do nivel ao que se presente. PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Ata o 15 de febreiro de 2024. DOCUMENTACIÓN: - Modelo de solicitude (Anexo I) (dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal) INFORMACIÓN: - Resolución do 11 de decembro de 2023 da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade. DOG nº 10 de 15 de xaneiro de 2024). - Instituto Galego das Cualificacións. Tfnos: 981-546840 981-541562 981546808 ctb.igcualif@xunta.es - Concello de Ourol a través do Axente de Emprego en horario de 8:00 a 15:00 horas ou no teléfono ao 982-559109. |
Emprego 15-Enero-2024 11:49
|